Preguntas frecuentes

NOVAS

Adquisición de material financiado pola Deputación da Coruña

Ola familias! Comprácenos comunicarvos que grazas a subvención concedida pola deputación, (concretamente a convocatoria FO204 para entidades sen fins de lucro, para a realización de investimentos culturáis) poidemos adquirir material para mellorar a capacidade de levar a cabo todas as tarefas que xestionamos dende a anpa. Grazas a ese diñeiro compramos dous ordenadores, duas impresoras […]

Asamblea extraordinaria

Por cuestións importantes e que nos afecta a todos/as, vémonos obrigados a convocar unha asamblea extraordinaria para o vindeiro martes día 22 de decembro. Agardámosvos a todos/as.»

Obradoiro Navideño

Familias! Rematamos este mes cun obradoiro de Nadal onde faremos manualidades en familia. – Día: venres 18 decembro – Horario: 16.15 a 18.00 – Prezo: * Socios ANPA: gratis * Non socios: 5€ Animádevos a participar!

Campamentos de Nadal 2020

Aquí tendes a oferta dos centros cívicos para os campamentos de nadal para os que precisemos conciliar. –> Preinscripción os días 10, 11 e 12 de decembro (online ou chamando ao 010) https://www.coruna.gal/servizossociais/gl/noticias/detalle-noticias/campamentos-urbanos-de-nadal-2020/suceso/1453749145968

Obradoiro de Coeducación

Ola familias, Seguimos cos obradoiros e esta semana tócalle o turno ao de coeducación onde con diversos exercicios traballaremos a educación en igualdade. –> Día: xoves 10 de decembro –> Horario: 16.15 a 18.00h –> Lugar: confirmarémosvolo aos asistentes en función do tempo –> Prezos: Socios Anpa Agarimo: GRATIS Non Socios: 5€ Apuntádevos no mail […]

Listaxes Definitivas Bolsas Comedor 2020/21

Ola familias, Deixámosvos a ligazón da publicación das listaxes definitivas das bolsas de comedor. Este ano como novidade: ➡️ as persoas beneficiarias que acepten a bolsa comedor, non teñen que cubrir nin presentar ningún Anexo de aceptación, ➡️ Entenderase que aceptan a bolsa de comedor se, transcorrido o prazo de dez (10) días hábiles, non […]

Obradoiro de Intelixencia Emocional

Queridas familias, Como vos comunicamos esta mañá, grazas a unha subvención que solicitamos á Deputación da Coruña imos levar a cabo un proxecto familia-escola que consistirá nunha serie de obradoiros en familia. O primeiro obradoiro será sobre “Intelixencia Emocional” o vindeiro venres, 4 de decembro, de 16:15 a18 horas na pista de patinaxe da escola. […]

Proxecto Familia-Escola

Dende o ANPA AGARIMO da escola CEIP María Barbeito e grazas á subvención concedida pola Deputación da Coruña imos levar a cabo un proxecto familia-escola, que persegue: – reforzar o vinculo das familias co centro escolar e reducir a conflictividade escolar. – capacitar as nais e os pais no desenvolvemento da súa función educativa. Debido […]

Aprazamento Asamblea ANPA e nova convocatoria

Aprazamento Asamblea ANPA e nova convocatoria Lamentámolo moitísimo pero vémonos na obriga de ter que pospoñer a Asamblea por motivos personais dos membros da Xunta Directiva que ían a estar presentes. Rogamos nos disculpedes por este novo imprevisto e aproveitamos para convocarvos para o venres 11 de decembro as 16.00 en primera convocatoria e as […]

Familias pola igualdade

Ola familias, Con outra das axudas que pedimos dende a ANPA e grazas á boa disposición das e dos mestres da escola, estanse a levar a cabo unas xornadas de contacontos e títeres. Así os nenos e nenas se divirten e aprenden case sen darse conta. Agardamos que os estén a disfrutar. Dende a ANPA […]

Proposta de SerOcio

Deixámosvos outra proposta dos compañeiros de SerOcio que vos pode interesar. Mais info: serociotl@gmail.com

Canguros de SerOcio

Ola familias, A todos nos ten pasado ter que facer verdadeiros encaixes de bolillos para atopar a alguén que quede cos/as nenos/as cando soa o teléfono e tes que ir si ou si… ou se poñen malitos… ou tes que traballar e non podes cambiar a quenda… ou tantas e tantas cousas e mais este […]

Lotería Nadal 2020

Boa noite a tod@s! Como este ano non vos podemos atender no local debido ás restricións pola covid-19, moit@s nos estades a preguntar onde nos podedes atopar para mercar lotería de Nadal. Para facilitalo, imos fixar uns días onde sempre nos atoparedes: * PORTALÓN PRINCIPAL*: – Luns de 8.55 a 9.05: Sara – Mércores de […]

[APRAZADA] Convocatoria Xeral Ordinaria do 27 de Novembro

Boa tarde familias, Adxuntamos convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria para o vindeiro 27 de Novembro. Podes descargala aquí: [pdf-embedder url=»https://anpa-agarimo.gal/wp-content/uploads/2020/11/4_5870703441562569152.pdf»] Agardámosvos a todos e todas. Saúdos!

* DEVOLUCIÓNS CURSO 2019/20 *

Ola familias, Informámosvos de cómo solicitar a devolución de cotas das actividades xestionadas pola ANPA e que se viron interrumpidas, como todo o demáis, co decreto do estado de alarma en marzo 2019. ▶️ das extraescolares subvencionadas (fútbol, ximnasia rítmica… ). Son 10€/actividade a devolver se tendes 1 fillo ou 8€/actividade se son 2. ▶️ […]

BENEFICIARIOS BOLSA COMEDOR

Ola familias, Infórmannos dende Jardanay que a aqueles que lles cobraron as cotas de setembro e outubro e son beneficiarios de bolsas comedor segundo a listaxe publicada o 27/10/2020, lles van a devolver a cuantía antes do 16/11/2020. Lembrade que a bolsa comedor non inclúe nin O SEGURO obligatorio (7€) nin a COTA DO ANPA […]

Proxecto de melloras no comedor da escola

Ola familias, Hoxe queremos ensinarvos un proxecto no comedor da nosa escola que o colexio levaba tempo querendo facer pero non tiña orzamento e que puidemos levar a cabo dende a ANPA grazas a unha subvención que solicitamos e nos concederon da Xunta de Galicia. Estas son algunas das melloras que puidemos levar a cabo […]

APLAZADA – Asamblea Ordinaria 30 de Outubro

Bo día familias, Lembrarvos que este venres temos a Asamblea Ordinaria da ANPA as 17.30 (primeira convocatoria as 17.00 pero só se inicia a esta hora se están a metade dos socios presentes). Imos deixándovos aquí o enlace para participar – Dende ordenador só tendes que pulsar nel – Dende móvil, baixade a APP de […]

Jardanay Circular de Alta Extraordinaria

Bo día familias!! A petición da ANPA e por mor da publicación das listaxes de bolsas comedor, dende Jardanay van a abrir un prazo extraordinario para os beneficiarios de bolsa e que ata agora non acudían a comedor. O prazo será do 28 de outubro ao 1 de novembro e comezarían o 9 de novembro […]

Listaxe provisional de Bolsas Comedor 2020/21

Ola familias! Por fin a listaxe provisional de bolsas comedor. Ábrese un prazo de 10 días para os que queiran reclamar. https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/novas/nova/bolsa-comedor-2020-2021-publicacion-da-listaxe-provisional-de-persoas-beneficiarias-e-puntuacion/suceso/1453745748498?argIdioma=gl Saúdos!  

Edukajudo María Barbeito

Ola familias, Como sabedes, este ano dende a ANPA non puidemos ofertar actividades privadas moi ao noso pesar. É por iso que nos comprace anunciarvos que Judo, esa actividade que tanto lles gusta aos nosos peques e pola que tanto nos preguntástedes, volve ao pavillón do Ventorrillo a partires de novembro!!! Como a actividade se […]

Xestión de Altas, Baixas e Modificación de Extraescolares

Ola familias, Vos pedimos que a partires de agora, as altas / modificacións / baixas das extraescolares as xestionedes neste mail ou teléfono: MAIL: inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org TELÉFONO: 649 055 939 Saúdos!

Lotería de Nadal

Ola familias, O Nadal xa está a volta da esquina!!… e nós queremos seguir coa tradición na venda de lotería do Nadal. Como sabedes, este ano seguindo as medidas de prevención, o local do ANPA permanece pechado, pero estaremos a vosa disposición para a venda de lotería nas entradas e saídas da escola, non vos […]

Reunión Xeral de Socios/as

Estimados/as socios/as Pola presenta, a Xunta Directiva do ANPA AGARIMO convócavos a unha reunión xeral ordinaria o vindeiro 30 de outubro ás 17:00 horas en primaira convocatoria e ás 17:30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día: 1.- Lectura e aprobación da acta anterior se procede 2.- Balance de contas curso 2019/20 3.- […]

Portamascarillas de Jardanay

Ola familias, Como sabedes, a semana pasada Jardanay repartiu uns portamascarillas para que os nenos e nenas poidan gardalas nun sitio cómodo e seguro mentres comen, respetando así as medidas de hixiene e prevención. Son de material prástico, para que poidan levalas a casa a desinfectar e as traían limpas ao día seguinte. Bravo pola […]

Oferta final de Actividades Extraescolares Curso 2020/21

Ola familias, Barrenamos e barrenamos co fin de que ningún dos que vos anotárades nunha actividade non vos quedarades sen praza. Non chegamos a todos/as, é verdade, pero non foi por non intentalo… Así queda a oferta das actividades finalmente e algunhas actividades ainda teñen algunha vacante, así que xa sabedes: – Ligazón para inscribirse: […]

Novas Extraescolares Luns 5 de Outubro

Ola familias, Comunicarvos que o luns 5 súmase ás extraescolares AXEDREZ, o xoves 8 dará o pistoletazo de saída DESEÑO DE SEU e o luns 12 CAPOEIRA. Todos para os curso de 1º a 3º EP. Estamos a aclarar se o grupo de BAILE MODERNO de 1º a 3º de EP tamén comeza o martes […]

Actividades que inician o 1 de Outubro

Boa tarde familias, Desculpade a tardanza pero por fin vos podemos informar das actividades que chegaron a cupo e que se inician mañá xoves 1 de Outubro son: – EDUC INFANTIL: multideporte e baile moderno – 1º a 3º EP: atletismo e english lab – 4º a 6º EP: baile moderno O luns sumaranse ás […]

Oferta de Actividades Extraescolares 2020/21

Ola familias! Comprácenos informarvos que finalmente no noso cole SI HABERÁ actividades extraescolares, se ben este ano únicamente podemos ofertar as actividades do Concello da Coruña. Adxuntámosvos o horario das mesmas e a descrición das novas actividades que teremos este curso. A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones O enlace estará […]

Inicio do Curso 2020/21

Ola familias!! Mañá inicia un novo curso, o máis raro que nos tocou empezar a todos sen dúbida pero hai que collelo con ganas, remando todos na mesma dirección e coidándonos mutuamente. Dito isto, sabedes que algúns cursos se inician mañá mentras que outros agardan ao venres 11 para dar o pistoletazo de saída. Para […]