Bos días familias,
Seguro que moitos de vós xa estades pensado en como organizarvos nas vacacións de verán así que como noutras ocasións, deixámosvos aquí a proposta de SerOcio para campamentos de verán que, ademais, ten desconto do 5% para as familias asociadas á ANPA AGARIMO aos que podedes engadir os seguintes descontos:
- 5% sobre 2º Irmán
- 5% se traes a un amigo/a
- 5% Inscrición antes do 20 de Maio (só multiaventura)
- 5% se colles semanas consecutivas (só multiaventura)
O máis importante é que non fas unha inscrición, fas unha reserva de praza. Non se vos cobrará nada ata saber os protocolos sanitarios!
DATAS E HORARIO:
Semanalmente (de luns a venres) do 23 de Xuño ao 31 de Agosto. Escolle a(s) semana(s) que precises!
Horario: de 9:00 a 14:00 Opción de madrugadores desde as 7:45 e comedor ata as 16:00
Opción de días soltos e madrugadores e comedor esporádicos
MULTIAVENTURA CON EXCURSIÓNS 60€/Semana con opción a 25% de desconto: http://serocio.com/reserva-praza-campamentos-verán21- serocio/
LOW COST 40€/Semana con opción a 15% de desconto : http://serocio.com/reserva-campamentos- low- cost-verán21- serocio/
A RESERVA de prazas son por estrito @orden de chegada de mails.
Saúdos. Anpa Agarimo