Preguntas frecuentes

Trámites

ALTAS, BAIXAS E MODIFICACIÓNS – PRAZOS E OPERATIVA

NOVA WEB DE INSCRICIÓN

Este curso 2026-27 estreamos nova web de Inscrición:

www.comedores.jardanay.es

Débese solicitar o rexistro, que será aprobado por Jardanay, creando o perfil persoal cunha contrasena propia e introducir a información dos/as nenos/as. A continuación, solicitaranse os servizos. O perfil manterase para cursos vindeiros.

PRAZOS PARA ALTAS, BAIXAS E MODIFICACIÓNS

Inicio de curso 26-27

Inscricións

  • FASE 1 – Crea á túa familia – dende o 8 de xuño (10h) ao 17 de xuño (23:55h).

  • FASE 2 – Contrata servizos – dende o 18 de xuño (10h) ao 31 de agosto (23:55h).

Resto de curso

Poderanse solicitar novos servizos, modificacións ou baixas no seu perfil da web ata o día 26 do mes en curso e faranse efectivas a partir do día 1 do mes seguinte. Non terán efecto as altas, baixas ou modificacións comunicadas fóra de prazo.

OPERATIVA

A cota de tramitación dos servizos é de 20€ por usuario/a, gratuíta para socios/as da ANPA. No teu novo perfil persoal, marca SI/NO na casilla “Eres socio/a da ANPA”. É obrigatorio que subas o xustificante de pago da cota de tramitación ou de socio cando o teñas (sempre antes da data fin da fase 2). Tamén é obrigatorio adxuntar o certificado de conciliación en caso de marcar un SI nese apartado.

Os servizos contrátanse no apartado Ficha de Cliente – Alumnos. Na pestana de alumnos/as, pincha o icono cadrado para asinar servizos a cada neno/a. Ao picar abrirase a ventá “Solicitud de Servicios” onde podes escoller a modalidade que necesites. Unha vez que o servizo está aprobado, recibirás un correo electrónico confirmando o servizo e a fecha de entrada en vigor.

Para facer uso do servizo de forma esporádica, é necesario estar inscrito/a nesta modalidade e comprar o vale con anterioridade na páxina web www.vales.jardanay.es. No caso do comedor, débese avisar o día anterior ao teléfono do coordinador/a (672 288 130) ou por correo electrónico a comedor@jardanay.es.

DIETAS E ALERXIAS ALIMENTARIAS

Dieta branda: avisarse ao teléfono do coordinador/a antes das 09:00 da mañá.

Dieta por motivos médicos, éticos ou relixiosos: é imprescindible cubrir a información na ficha de cada neno/a, adxuntando a información requirida. Jardanay confirmará recepción e fecha de inicio da dieta. Non se admitirán solicitudes por ningún outro medio (teléfono, mail, comedor, etc.).

SERVIZO DE CAMBIADORES

Mediante este servizo, destinado ao alumnado de Educación Infantil, o persoal de Jardanay desprazarase ao centro escolar para cambiar ao neno ou nena se fora necesario.

O horario de atención é o horario lectivo (durante as clases), en madrugadores e en comedor. Ante dúbidas sobre este servizo, o mail de contacto é cambiadores@jardanay.es.

DIETAS E ALERXIAS ALIMENTARIAS

– Dieta branda: avisade no teléfono do coordinador/a ou na oficina antes das 09:00 da mañá.
– Alerxias ou intolerancias alimentarias (ex. intolerancia á lactosa): é imprescindible cubrir o formulario web para solicitar unha dieta adaptada (Formulario: “Dietas Especiales (alérgicos, intolerantes, motivos religiosos”). Unha vez cuberto, desde intolerancias@jardanay.es
confirmaráselles a recepción e a fecha de comezo da dieta.
– O mesmo formulario sirve para comunicar baixas ou modificacións na alerxia/intolerancia.
– Non se admitirán solicitudes por calquera outro medio (mail, teléfono, comedor, etc).