Preguntas frecuentes

Comedor/madrugadores

“O servizo de comedor no noso colexio é de cátering sendo Jardanay a empresa encargada de ofrecer o servizo. Deixámosvos aquí a súa filosofía de traballo e non dubidedes en contactar con eles con calquera dúbida sobre a elaboración da comida dos nosos/ as fillos/ as.”

 

 

En Jardanay apostamos por unha comida fresca, saborosa e de calidade, elaborada con moito cariño. Baseámonos en receitas tradicionais traballadas con esmero polo noso persoal para lograr unha cociña caseira, natural e variada. Son os pequenos detalles, como facer caldos de base con produtos frescos ou fuxir de calquera alimento precociñado, o que consegue darlles o seu característico sabor caseiro aos nosos pratos. 
 
Os menús son variados e estacionais, apostando polos provedores locais. Para realizalos, coordinamos varios departamentos —Cociña, Calidade e Nutrición—, sen esquecer as necesidades das persoas alérxicas ou intolerantes. Os pratos prepáranse cada mañá na nosa cociña central e, ao mediodía, xa están na mesa, quentes e sen perder ningunha propiedade organoléptica (cheiro, sabor, textura) nin nutricional. Conseguímolo xuntando nosos máis de 20 anos de experiencia cunhas estritas normas de seguridade tanto na elaboración como no transporte e o servizo, nun proceso avalado coa norma ISO 22000 de seguridade alimentaria. 
 
Para calquera información adicional sobre o noso traballo e valores, chámanos ou visita a nosa web!