Dende o ANPA AGARIMO da escola CEIP María Barbeito e grazas á subvención concedida pola Deputación da Coruña imos levar a cabo un proxecto familia-escola, que persegue:
– reforzar o vinculo das familias co centro escolar e reducir a conflictividade escolar.
– capacitar as nais e os pais no desenvolvemento da súa función educativa.
Debido á situación de pandemia que vivimos este proxecto ó imos levar a cabo a través de obradoiros en familia de distinta temática, orientados a se desenvolver en familia. Estes obradoiros serán levados a cabo por expertos en cada unha da materias dos obradoiros: intelixencia emocional, coeducación e corresponsabilidade e taller navideño.
Os obradoiros levaranse a cabo nas instalacións da escola, en concreto na pista de patinaxe, que será acondicionada cunha carpa e mobiliario e cumprirá cas medidas recollidas no protocolo COVID vixente neste momento.
Estade atentos/as porque irémosvos informando das datas dos obradoiros. Agardámosvos a todos/as!!
Saúdos
Anpa Agarimo



