Queridas familias,
Como vos comunicamos esta mañá, grazas a unha subvención que solicitamos á Deputación da Coruña imos levar a cabo un proxecto familia-escola que consistirá nunha serie de obradoiros en familia.
O primeiro obradoiro será sobre “Intelixencia Emocional” o vindeiro venres, 4 de decembro, de 16:15 a18 horas na pista de patinaxe da escola. O lugar estará acondicionado cunha carpa e mobiliario para poder desenvolver a actividade ao aire libre sen ningún problema.
Para poder asistir tedes que enviar un correo electrónico ao mail do anpa (anpa.agarimo@gmail.com) co número de asistentes.
As prazas son moi limitadas polo que se houbera máis solicitudes que prazas, primará a orde de inscripción.
– Socios: gratis
– Non socios: 5€
Seguimos a traballar para mellorar a educación dos nosos fillos e fillas.
Moitas grazas.
Anpa Agarimo