Ola familias,
Deixámosvos a ligazón da publicación das listaxes definitivas das bolsas de comedor.
Este ano como novidade:
➡️ as persoas beneficiarias que acepten a bolsa comedor, non teñen que cubrir nin presentar ningún Anexo de aceptación,
➡️ Entenderase que aceptan a bolsa de comedor se, transcorrido o prazo de dez (10) días hábiles, non renunciasen á bolsa de maneira expresa
➡️ As persoas que desexen renunciar á bolsa, terán que manifestalo de maneira expresa, presentando a través do Rexistro municipal dita renuncia.
Para calquera dúbida, lede a información que aparece na páxina que vos indicamos ou chamade ao 010.
Un saúdo!
