Dado que este ano no Colexio María Barbeito e Cerviño non se vai a realizar xornada de portas abertas debido ás restricións vixentes polo COVID19, dende o ANPA deste colexio (ANPA AGARIMO) quixemos elaborar este documento onde tratamos de resolver as dúbidas que nos soledes preguntar sobre madrugadores, comedor e extraescolares nas devanditas xornadas.
EXTRAESCOLARES
Realízanse de 16.00 a 18.00h de luns a venres nas instalacións do Colexio. Cada ano hai unha oferta inicial de actividades. A inscripción realízase en torno ao 15/20 de setembro e en función dos anotados nesa oferta inicial, inícianse o día 1 de Outubro soamente as actividades que chegaron ao cupo mínimo previamente establecido. Os/as alumnos/as que se anotasen nunha actividade que non se complete poden cambiarse a outra, sempre e cando haxa dispoñibilidade, ou permanecer na lista de espera por si se completa o grupo e se inicia durante o curso.
Igualmente, todos/as alumnos/as que o precisen, poden anotarse ao longo do curso na actividade que desexen se hai prazas vacantes.
Tradicionalmente no noso colexio ofértanse:
1.- Actividades organizadas pola Federación de ANPAs que, ao ser subvencionadas parcialmente polo Concello de A Coruña, son máis económicas e costan 40€/actividade/curso escolar, (supón uns 5€/mes/actividade) salvo inglés que custa 15€/mes.
2.- Actividades “privadas” onde empresas ou profesionais dun sector ofertan actividades de temática e custo diverso (entre 15 20€/mes/actividade)
No curso actual (2020/2021) e con motivo das restriccións derivadas da pandemia do COVID-19, só se ofertaron as actividades xestionadas pola Federación de ANPAs.
Dado que a estas alturas de ano non sabemos cómo se desenrolará a pandemia e se no curso que ven voltaremos á “normalidade» ou non, poñémosvos o cadrante de actividades do curso 2019/20 e o actual.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2019/2020
No curso 2020/21, dado que os grupos teñen que ser como máximo de 9 alumnos/as, fixemos unha oferta amplia coa intención de que ninguén que quixese acudir quedase fora. Foi esta a proposta:
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2020/2021
Finalmente como non se cubriu o cupo de todos os grupos, o cadro de actividades quedou como vedes a continuación.
MADRUGADORES
De 07.30 a 09.00 no comedor do Colexio. Pódese solicitar con ou sen almorzo, para todos os días, algúns días da semana ou días
esporádicos.
Os/as nenos/as son atendidos por persoal de madrugadores (xestionado ao igual que o comedor pola empresa de catering Jardanay) ata a hora na que son entregados aos/as tutores/as para a súa entrada na aula correspondente.
Ata o curso actual nunca houbo problemas de prazas podendo ser atendidos/as todos/as os/as demandantes deste servizo. Neste curso 2020/21 levamos atendido de momento todas as peticións, aínda que a día de hoxe o servizo encóntrase ao límite da súa ocupación e só se
poden atender novas peticións dependendo do grupo burbulla ao que pertenza o alumno/a e, previa consulta coa responsable do servizo.
Polo tanto, de seguir coas mesmas restriccións no curso 2021/22 e saber que se vai necesitar este servizo, sería preferible solicitalo no principio do curso no prazo que se indicará ao inicio do mesmo.
COMEDOR
De 14.00 a 16.00 no comedor do Colexio.
Os alumnos son recollidos na aula e levados ao comedor polos monitores encargados do servizo (xestionado pola empresa de catering Jardanay) e son atendidos por eles tanto no momento de comer como no tempo restante ata ser recollidos pola familia ou derivados á
extraescolar na que estean anotados.
Xeralmente hai dúas quendas de comida: 14.00 e 14.30 aproximadamente. Na primeira quenda comen os máis pequenos, os que se recollen ás 15.00h e os que teñen menú con intolerancias e/ou alerxias. Na segunda quenda comen os demáis, sendo as dúas 2
quendas quivalentes en número de alumnos/as.
Este curso 2020/21 debido as medidas que hai que tomar pola pandemia que estamos sufrindo fixéronse 3 quendas de comida:
13.30: infantil
14.20: 1º a 3º EP
15.10: 4º a 6º EP
Deste modo, poidemos atender toda a demanda recibida para comedor a principio de curso (ainda que hai que aclarar que foi moi inferior a dos cursos pasados).
Durante o curso seguíronse recibindo solicitudes e xa non poidemos atendelas por estar os grupos completos polo que, ao igual que en madrugadores, de necesitar o servizo é mellor solicitalo ao inicio do curso.
De tódolos xeitos, o habitual é poder atender toda a demanda deste servizo, tanto ao principio como ao longo do curso, ningún neno queda sen praza. Os problemas deste ano foron debido á pandemia xa que houbo que reducir aforos e manter grupos burbulla.
Se no curso 2021/22 temos as mesmas restriccións que no actual, posiblemente se sigan os mesmos criterios para acceder a unha praza de comedor, e son:
1. Ser socio da ANPA
2. Incompatibilidade horaria por motivos laborais por parte dos proxenitores.
3. Beneficiarios da bolsa comedor.
4. Usuario comedor fixo (todos os dias).
5. Máis irmáns usando o comedor escolar (a maior número, maior preferencia)
6. Usuario comedor no curso anterior ou ser alumno de 4° EI
7. Usuario fixo discontinuo.
8. Usuario esporádico.
9. Orde de solicitude.
Foto de arquivo correspondente ao comedor no curso 2019/20 cando non había grupos burbulla.
Este curso trouxo como novidade o servizo de JARDANAY NA CASA pensado principalmente para aqueles nenos/as que son beneficiaros da bolsa comedor que non obtiveron praza no comedor pero sí teñen dereito á comida ou para familias que non dispoñen de tempo para
faser a comida pero sí poden comer cos seus fillos/as.
Deste xeito, a comida lévaselles refrixerada aos nenos á súa aula e saen con ela na man do cole e consiste nun menú completo: primeiro e segundo prato, pan e postre.
Agardamos habervos axudado na vosa decisión. Se hai algo máis que necesitedes saber destas actividades ou das demais xestións que levamos a cabo dende a ANPA (festas, excusión de 6º, obradoiros para familias….) podedes botarlle un ollo á nosa web, RRSS ou contactar connosco e intentaremos respostarvos o antes posible:
WEB: www.anpa-agarimo.gal
MAIL: anpa.agarimo@gmail.com
Whatssapp / Telegram: 607 042 949
E buscádenos tamén en facebook e Instragram!!