Preguntas frecuentes

NOVAS

Novo horario servizo madrugadores

Ola familias!! Comprácenos anunciarvos que no Consello Escolar celebrado no día de onte, se aprobou que o servizo de madrugadores se inice ás 07:30 dende o vindeiro 3 de febreiro de 2020 sen aumento de prezo. Aqueles que xa esteades a usar o servizo e queirades ir desde as 07:30 non tedes que facer nada […]

Menú Comedor 2º Trimestre

E aquí vos deixamos o menú das nosas crianzas neste segundo trimestre.   Picha na seguinte ligazón: [pdf-embedder url=»https://anpa-agarimo.gal/wp-content/uploads/2020/01/menu-comedor-2-trimestre.pdf»]

Devolución Lotería de Nadal

E así, ao parvo, xa pasou o Nadal e toca volver ao cole cuns quiliños de máis, unha chea de xoguetes e calcetíns novos e, o máis importante, algunha aventura nova que gardar na mochila dos recordos. Para que a volta non se nos faga tan amarga, a sorte fixo que nos tocase a devolución […]

Festa de Nadal 2019

Prezadas familias, Como xa vos comunicamos hai uns días, este venres 20 terá lugar a primeira festa do curso 2019/20… A FESTA DE NADAL! As entradas custan 1€ socios e 2€ non socios. Podedes adquirilas xa no noso local no noso horario habitual ou ben o mesmo día da festa ao entrar. A festa é […]

Campacoles Nadal 2019

Aínda buscando como conciliar nas vacacións de Nadal? Aquí deixámosvos a información dos campacoles (no noso cole non se celebra pero si no Sagrada Familia e no San Pedro de Visma entre outros). A gran vantaxe é o seu axustado prezo e que conta con servizo de madrugadores e comedor. Ademais, o horario de 10.00 […]

Campamento de Nadal SerOcio

Ola familias! Aquí vos deixamos a oferta de SerOcio para este nadal. Lembrade que por ser os nosos socios tendes un 5% de desconto.

Festa de Nadal

Bo día familias!! E así, como que non quere a cousa, no que parece que foi un abrir e pechar de ollos … xa estamos en decembro e as rúas (e algunhas casas) xa están cheas de luces. E nos, xa temos casi todo listo para a FESTA DE NADAL que terá lugar o vindeiro […]

Acta Asamblea Extraordinaria 22 de Novembro de 2019

Boas tardes familias. Deixámovos a acta da asamblea do pasado 22 de novembro.   [pdf-embedder url=»https://anpa-agarimo.gal/wp-content/uploads/2019/11/Acta-Asamblea-Extraordinaria-22-novembro-2019.pdf» title=»Acta Asamblea Extraordinaria 22 novembro 2019″]   Saúdos. ANPA AGARIMO.

Campamentos de Nadal

Ola familias!! As navidades están á volta da esquina e xa toca pensar en cómo imos facer coas nosas crianzas se non temos vacacións! Os centros cívicos publicaron onte a súa oferta de campamentos de Nadal e o prazo de inscripción comeza o 2 de decembro!! Deixámosvos o enlace para que o consultedes se vos […]

Taller de Ioga en Familia

Ola familias! Como non todo vai ser traballar e estudar dende o anpa imos propoñervos cada mes unha actividade en familia para pasar un tempo de lecer cos nosos fill@s. Este mes desfruta dunha tarde inolvidable co taller de Ioga en familia o vindeiro 27 de novembro de 17-18horas no ximnasio da escola. Achegate a […]

Reunión Xeral Extraordinaria 22 de Novembro

Estimados/as socios/as Pola presente, a Xunta Directiva da ANPA AGARIMO convócavos a unha reunión xeral extraodinaria o vindeiro 22 de Novembro ás 16.00 horas en primeira convocatoria e ás 16.30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día: 1.- Lectura e aprobación da acta anterior se procede 2.- Cambios e novas incorporacións dos membros […]

Listas Definitivas Becas Comedor

Bo día familias!! De seguro que xa sabedes que onte se publicaron as listas definitivas das becas comedor pero por se acaso vos deixamos o enlace e lembrade que tedes que ir ao centro cívico asignado a recoller o documento de aceptación de beca e presentalo no comedor do cole. Prazo: do 11 ao 22 […]

Desconto para Socios/as en «La Pera Limonera»

Querid@s soci@s!! Porque ser socios da ANPA AGARIMO é moitísimo máis que ir ao comedor ou a extraescolares, hoxe traémosvos outra vantaxe simplemente por ser os nosos socios… así de sinxelo! Ensina o teu carné e faranche un desconto do 10% en «A PERA LIMONERA». É un sitio que cambiou de donas (lévao a empresa […]

Cambio no menú do comedor

De seguro que xa escoitástedes as novas recomendacións do CONSUMO DE PEIXE da Consellería de Sanidade e da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición que amplían dos 3 aos 10 anos a idade recomendada para consumir emperador (peixe espada), atún vermello, lucio, tiburón (cazón, marraxo, patarroxa e tiburón azul) por exceso de mercurio. Ante […]

Botellas Personalizadas

Ola familias, ¿Queredes contribuir a coidar ó noso planeta e de paso colaborar un pouquiño có ANPA? Para iso, traemos unha proposta que vos vai a encantar….estas botellas de aluminio personalizadas que veñen con dobre axuda: – Así será moito máis doado deixar de utilizar as botellas de prástico, que coma xa sabedes, son moi […]

Lotería de Nadal

Ola familias! Dende o ANPA xa estamos a pensar no Nadal!! Este ano queremos que vos fagades ricos ou a lo menos que sexades ben riquiños e participedes con nós na lotería do Nadal. Vide correndo a buscar as vosas participacións!! Non vaiades quedar sen elas e… se toca aquí??? Dito esto, nós xa nos […]

Días Non Lectivos Curso 2019/20

Bo día familias! O Colexio escolleu como días non lectivos deste curso o 20 de marzo e o 4 de maio así que xa sabedes, nada de plans románticos para ese día 😉 Saúdos. ANPA AGARIMO

Carreira ENKI

Familias! Non queda nada para a carreira ENKI!!! Xa tedes o voso disfraz do monstruo de cores preparado? Informámosvos dalgunhas cousiñas: Dorsais: mañá pola tarde nos farán entrega dos dorsais, así que poderedes pasar a buscalos o venres 18 ao local do ANPA en horario habitual (9 a 9.30) ou collelos o propio día da […]

Acta Asemblea 4 de Outubro de 2019

Bos e choivosos días, Aquí vos deixamos a acta da asemblea realizada o pasado 4 de outubro e tamén a información que deixamos pendente de aclarar. Podedes velos nas seguintes ligazóns:   [pdf-embedder url=»https://anpa-agarimo.gal/wp-content/uploads/2019/10/Acta-Asemblea-04-10-19.pdf»]   [pdf-embedder url=»https://anpa-agarimo.gal/wp-content/uploads/2019/10/Aclaracións-Asemblea-4-10.pdf» title=»Aclaracións Asemblea 4-10″]   Saúdos. ANPA AGARIMO

Sorteo Visita Comedor Outubro

E aquí temos ao primeiro pai que acudirá ao comedor. Non vos esquezades de vos apuntar o vindeiro mes!

Xoguetes en Madrugadores

Ola familias, As encargadas do turno de madrugadores (07.45 a 9.00) pídenos que se temos algún xoguete pola casa que xa non usemos llo llevemos que os nen@s que madrugan o agradecerán moitísimo!! Así que xa sabedes, levade os xoguetes que non usedes (mellor se non son moi grandes) a madrugadores ou ben ao local […]

Información importante sobre Becas Comedor 2019/20

Bo día familias!! Como vos comunicamos a semana pasada, saíron as listaxes predefinitivas das becas comedor. Tras consultar coa Federación de Anpas e con Jardanay o que nos indican é: Beca comedor ACEPTADA: non teríades que facer nada, poden seguir indo á actividade subvencionada e/ou a comedor. Recordade simplemente que deben acudir todos os días […]

Lista predefinitiva de concesiones de becas comedor curso 2019/2020

Publicación da lista predefinitiva de persoas beneficiarias das becas para comedores escolares. O prazo para presentar alegacions e desde mañan día 4  hata o día 17 de outubro, ambos incluidos. Tamén podrase consultar esta información no teléfono de información ciudadan 010, os rexistros municipais, o tablón de edictos e red de centros cívicos. Lista predefinitiva de […]

ANPANEE

ANPANEE (Asociación de Nais e Pais de Alumnos con Necesidades Educativas Especiáis) é unha asociación sen ánimo de lucro con ámbito de actuación na Coruña, fundada en maio do 2019 por grupo de nais e pais preocupados polas dificultades que presenta a escolarización inclusiva dos nenos con necesidades educativas especiáis. Estos son algúns dos obxetivos […]

Comenzo actividades extraescolares

Prezadas familias, Mañá 1 de outubro dan comenzo as actividades extraescolares e por fin poderemos conciliar un pouquiño mellor. As actividades comezan cada unha no día que lle toca; así mañá empeza baile moderno e judo por exemplo, mentras que ximnasia rítmica e cociña o fan o mércores e así sucesivamente… Para aqueles nenos que […]

Comunicado actividade de baloncesto e listen & speak

Boa tarde familias, Moi ao noso pesar vos temos que comunicar que a actividade de BALONCESTO non se vai a poder realizar no horario previsto dado que o pavillón está adxudicado a Xogos Escolares por un malentendido coas solicitudes dos permisos pero que agora xa non ten volta atrás. Dende a ANPA a única opción […]

Proposta actividades extraescolares curso 2019/2020

INSCRIPCIÓN Martes 17 e Mércores 18 no Comedor en horario de 16.15 a 18.00h. Posteriormente, no local da ANPA en horario de atención ao público. NOVIDADES EXPERIMENTA: É unha actividade na que os nenos realizan diferentes proxectos que lles permite descubrir o como se realizan e se forman as cousas que lles rodean, por exemplo, [...]

¿Pendente da beca do comedor? Que non cunda o pánico

Jardanay financiará o comedor a os alumnos que no obteñan a beca do concello de A Coruña durante a tramitación das axudas. • O Concello da Coruña anunciou que previsiblemente publicará a resolución das bolsas de comedor 2019-2020 despois do inicio do curso. • Jardanay asumirá o custo do comedor para aqueles estudantes que, solicitado […]

Primeiro día de cole finiquitado

Nervios, desorde, colas… mais nervios… xa sabedes, imos o mais rápido que podemos pero as cousiñas levan o seu tempo. Un par de cuestións: – EXTRAESCOLARES: publicarémolas MAÑÁ sen falta no canle de Telegram e na web. Se nos da tempo, irán tamén na axenda, senon o venres. As inscripcións serán luns e martes de […]

Benvid@s a un novo curso

Toca gardar os bos momentos vividos no verán na mochila dos recordos e afrontar este novo curso con enerxías renovadas. A ANPA este ano estrea unha canle de Telegram para @s nos@s Socios onde vos iremos informando de todas as novas que vaian xurdindo. Se xa es socio do curso 2019/20 e non recibiches ningún […]