Ola familias!
Como non todo vai ser traballar e estudar dende o anpa imos propoñervos cada mes unha actividade en familia para pasar un tempo de lecer cos nosos fill@s.
Este mes desfruta dunha tarde inolvidable co taller de Ioga en familia o vindeiro 27 de novembro de 17-18horas no ximnasio da escola.
Achegate a coñecer esta disciplina que mellora o rendemento, reduce o nerviosismo, mellora a autoestima e a confianza, ademais de tomar conciencia do noso corpo.
Para apuntarvos envíanos un mail ou pasa polo noso local, apresúrate porque as prazas son limitadas. (Max. 12 familias)
O prezo por familia (1 adulto + 1 nen@) será 6€ para os socios e 8€ para non socios. Serán 2€ máis por cada persoa adicional.
Esperamos que o disfrutedes e estade atentos aos seguintes que iremos anunciando.
Grazas
Saúdos
Anpa Agarimo