Bo día familias!!
De seguro que xa sabedes que onte se publicaron as listas definitivas das becas comedor pero por se acaso vos deixamos o enlace e lembrade que tedes que ir ao centro cívico asignado a recoller o documento de aceptación de beca e presentalo no comedor do cole.
Prazo: do 11 ao 22 de novembro
De non presentar este documento en tempo e forma en ambos os sitios, a persoa deixará de ser beneficiaria da bolsa de comedor
Boa fin de semana! ANPA AGARIMO
