Aínda buscando como conciliar nas vacacións de Nadal?
Aquí deixámosvos a información dos campacoles (no noso cole non se celebra pero si no Sagrada Familia e no San Pedro de Visma entre outros).
A gran vantaxe é o seu axustado prezo e que conta con servizo de madrugadores e comedor. Ademais, o horario de 10.00 a 14.00 é subvencionado para os que tedes bolsa comedor.
Se che interesa tes que apuntarte sen falta o luns 16 en horario de 10 a 14 h e de 16 a 19 h na Federación de Anpas (Rúa Orzán, 21).
Saúdos. ANPA AGARIMO
