Bo día familias!!
Como vos comunicamos a semana pasada, saíron as listaxes predefinitivas das becas comedor.
Tras consultar coa Federación de Anpas e con Jardanay o que nos indican é:
- Beca comedor ACEPTADA: non teríades que facer nada, poden seguir indo á actividade subvencionada e/ou a comedor. Recordade simplemente que deben acudir todos os días salvo causa xustificada.
- Beca comedor DENEGADA: Jardanay porase en contacto coas persoas as que lle foron denegada a beca para indicarlles cando teñen que comezar a pagar o comedor. Mentres tanto, os/as nenos/as poden seguir indo a comedor.
Se está apuntado/a a algunha actividade subvencionada teríades que pagala para continuar indo. Por suposto, se alegades e vola aceptan, os cartos serán devoltos.
O prazo para regularizar a situación das actividades é ata o vindeiro 14 de outubro, incluído.
Saúdos.
ANPA AGARIMO