Preguntas frecuentes

Chorus

Subvencionada

É un programa educativo e cultural do Concello da Coruña para a formación de coros infantís. Iniciouse no curso 2025/2026 nos centros educativos e desenvolveuse en horario lectivo, cunha ampla participación e a implicación de centros escolares e formacións musicais de referencia. Nesta nova edición, incorpora a colaboración da Federación Provincial de ANPAS, integrándose nas actividades extraescolares para facilitar a participación das nenas e nenos interesados. Promover o aprendizaxe do canto coral en nenas e nenos a través dunha experiencia participativa que desenvolva a escoita, a expresión musical e o traballo en equipo, culminando nun gran concerto no Coliseum da Coruña e nun concerto final para familias. O programa está baixo a coordinación de Fernando Briones, profesor do Conservatorio Superior de Música da Coruña e director titular da Orquestra e coro GAOS.

PREZO

10€ / MES

PUNTUALIZACIÓNS

O HORARIO É DE 16H A 17:30 | (PAGO MENSUAL) 50% DESCONTO BENEFICIARIOS BECA COMEDOR

IMPARTICIÓN DA ACTIVIDADE

CURSO DÍAS HORARIOS
3ºEPluns16:00 a 17:30
4ºEPluns16:00 a 17:30
5ºEPluns16:00 a 17:30
6ºEPluns16:00 a 17:30

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

– Para poder apuntarse ás actividades debedes ser socios da ANPA ou no seu defecto aboar unha cuota de xestión de 20€

– Ten que haber un mínimo de 10 escolares para formar grupo

– Poden existir variacións ou cancelacións de actividades se non se chega a un número mínimo de alumnos/as para formar grupo ou se supera o cupo.

- No caso de ter maior demanda de prazas que oferta, adxudicaranse por orde de inscripción (Agás JUDO onde prevalecerán os alumnos que acudiron o curso pasado)

– Para poder acudir as actividades, todos os nenos e nenas, incluidos os beneficiarios de bolsa de comedor, teñen que pagar o seguro correspondente.