Familias!!
Achegámosvos o cuadrante de actividades que se van a iniciar a semana que vén.
As que non están aquí con respecto ao cuadrante incial é porque non chegaron ao mínimo establecido para formar grupo polo que só se impartirían de recibir as inscricións precisas nas vindeiras semanas.
A ter en conta‼️
➡️ GRUPOS COMPLETOS
🔸 Baile Moderno (todos os grupos)
🔹 Ximnasia Rítmica INFANTIL e 123 Primaria
🔸 Patinaxe 123 Primaria
🔹 Abracadabra
🔸 Judo INFANTIL e 12 Primaria
🔹Baloncesto 456 Primaria
➡️ LISTAXE DE AGARDA: nos grupos de baile moderno de Primaria hai listaxe de agarda. Hoxe enviarán desde a Federación cal foi data/hora da última inscrición válida.
➡️ RESTO DE ACTIVIDADES/ GRUPOS: teñen prazas libres por se queredes facer algún cambio.
➡️ INSCRICIÓN / CAMBIO DE ACTIVIDADES
🔸 Se son actividades Subvencionadas, enviade un correo electrónico a inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org indicando:
* CEIP María Barbeito
* Nombre e apelidos del alumno/a
* Alta/ cambio solicitado
🔸 Se son actividade privadas, cubride o formulario da actividade na que o queredes dar de alta
➡️ Tendes a información sobre actividades, clasificación por subvencionadas ou privadas, formularios e demáis información na nosa web: https://anpa-agarimo.gal/extraescolares/
[22:20, 28/9/2022] Montse ANPA: ➡️ ENTRADAS E SAÍDAS EXTRAESCOLARES
🔸ENTRADA (ás 16.00 e ás 17.00): pola porta de Secretaría.
🔹SAÍDA (ás 17.00 e ás 18.00): polo portalón principal (á beira da pista patinaxe)
IMPORTANTE!! ‼️
– Os proxenitores non poden acceder ao recinto escolar, deberán de deixar ao alumnado na porta de acceso de Secreataría onde os recibirá un monitor/a
– A porta de acceso estará aberta 5 minutos antes e 5 minutos despois da hora de entrada non sendo posible entrar á actividade con posterioridade á devandita hora (16.05 e 17.05)
[22:35, 28/9/2022] Montse ANPA: MATERIAL PRIMEIRO DÍA
– Roupa e calzado cómodo axeitado para a actividade á facer
– Botella con auga
– 🛼 PATINAXE: Patíns, casco e proteccións
– 🥋JUDO: Quimono (se xa o tendes, senon agardade a saber se lle gusta a actividade)
– 🇬🇧 INGLÉS: lembrade que hai que mercar o material propio de Family Corner
– 🤺 ESGRIMA: gafas de seguridade (custan uns 3€)
– RESTO actividades: no caso de ser preciso levar algo volo irán comunicando os/as monitores
🛼 ‼️A TER EN CONTA EN PATINAXE‼️ 🛼
➡️ Material a traer por cada neno/a: patíns (línea ou 4 rodas), casco e proteccións.
➡️ Na medida do posible, é preciso que os nenos e as nenas que queiran asistir a esta actividade sexan autonómos e saiban poñerse e quitarse os patíns e proteccións.
➡️ Como sabedes, acabáronse os cartiños e houbo que quitala carpa. Por iso, os días de choiva queda a valoración do monitor patinar nos patios semicubertos ou facer unha actividade alternativa.
➡️ Non hai espazo para deixar o material á chegada ao colexio, os nenos que quedan a comedor terían que levar os patíns a aula pola mañá, despois a comedor e despois á actividade.
[22:39, 28/9/2022] Montse ANPA: COMEDOR E EXTRAESCOLARES
▶️ Os/as nenos/as que van a comedor e a unha actividade ás 16.00h son custodiados polos monitores de comedor ata as 16.00 e levados onda o monitor/a da súa actividade a esa hora.
▶️ Se van a unha actividade ás 16.00 e outra ás 17.00, o monitor/a da primeira actividade, entrégallo ao da segunda.
▶️ Se vai a comedor e a unha actividade ás 17.00 pero a ningunha ás 16.00, hai que recollelo no comedor e vilo traer ás 17.00h
‼️ É de gran axuda que as crianzas saiban a qué actividade(s) van e, no caso dos de infantil, se pode ser que traian unha etiqueta na mochila co nome e actividade á que acoden, lles facilitades moito á labor a todos/as os/as monitores.
Ah!! Xa por último familias!! Sobre as actividades subvencionadas:
➡️ Manitas, Deseño de Seu, Recrearte e Manualidades ven sendo o mesmo… só que aos da Federación gústalles innovar cos nomes 😉
➡️ PAGO SEGURO FEDERACIÓN (4€): Pásarano pola conta que puxéstedes ao facela inscrición
➡️ MES DE PAGO: os cobros das actividades son trimestrais, pasaranvos o primeiro cargo pola conta en outubro/novembro. Unha vez anotados, cobrarase o seguro obrigatorio e o primeiro trimestre. As baixas deberán cursarse antes de decembro para que non se facture o 2º trimestre ao mail da Federación.
Boa noite!
ANPA AGARIMO