Ola Familias!
Como vedes nas imaxes fixemos unha mellora no local do ANPA. Encargamos que fixesen uns andeis para telo todo máis organizado. Desde aquí queremos expresar o noso agradecemento á Deputación da Coruña que a través das subvencións que nos propoñen fan que a nosa labor sexa máis doada. Para quen non o saiba a Deputación é unha institución pública que presta servizos directos aos cidadáns e presta apoio técnico, económico e tecnolóxico aos concellos dos 93 municipios da provincia da Coruña. Deixamos a ligazón por se queredes máis información sobre as subvencións que propoñen, pica aquí.
E pola outra banda deixamosvos aquí a información da subvención que nos foi aprobada.
Convocatoria: (FO204)
Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro, para a realización de investimentos culturais, durante o ano 2022
Obxecto:
ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO E MELLORA DAS INSTALACIÓNS DA ANPA AGARIMO NO ANO 2022
Cantidade subvencionada:
1.500€
Investimento total:
2.178€