Preguntas frecuentes

Oferta de extraescolares 2022/23

ANPA AGARIMO 2022/23:
Familias!!

Aquí tendes as extraescolares que imos ofertar dende a ANPA neste curso 2022/23.

Xa non é ano COVID e iso permitiunos apostar por unha oferta de calidade mantendo tamén as xa tradicionais actividades da Federación que sen dúbida son unha opción inmellorable a nivel económico.

Este ano como principal novidade contaremos con:
Básquet Coruña: baloncesto
⚽️ A Silva : fútbol ⚽️
Code Monster: Robótica
Carcaxia: Baile Galego
Family Corner: inglés
‍♀️ Motion Academy: parkour ‍♂️

E volven outros que xa coñeciamos de anos anteriores como:
Edukajudo: Judo
Hóckey Coruña: Hóckey
Academia da espada: Esgrima

✅ Tendes toda a información así como os enlaces para vos dar de alta na nosa web: https://anpa-agarimo.gal/extraescolares/

‼️CUESTIÓNS A TER EN CONTA

➡️ Para poder acudir ás actividades hai que aboar unha matrícula de 50€. Esta matrícula é gratuita para os socioas da ANPA AGARIMO (podedes facervos socios aquí: https://anpa-agarimo.gal/faite-do-anpa/ )

➡️ Poden existir variacións ou cancelacións de actividades se non se chega a un número mínimo de alumnos/as para formar grupo ou se supera o cupo. Trataremos de ir informando das actividades que se van completando.

➡️ No caso de ter maior demanda de prazas que oferta, adxudicaranse por orde de inscripción (agás Judo onde prevalecerá acudir no curso 2021/22)

➡️ Para poder acudir as actividades, todos os nenos e nenas, incluidos os beneficiarios de bolsa de comedor, teñen que pagar o seguro correspondente:
➖ 35€ + 15€ no caso de judo, que inclúe a federación obrigatoria
➖ 20€ en fútbol
➖ 4€ nas actividades ofertadas pola Federación (as subvencionadas)
➖ 5,50€ no resto de actividades

➡️ As persoas beneficiarias de bolsa de comedor, teñen subvencionado o 100% do importe das actividades ofertadas pola Federación. As de calificación «privada» non teñen subvención.

➡️ Se as vosas crianzas van a comedor e a unha activade de 4 a 5 xa poden enlazar unha cousa coa outra sen ter que vir vos ao cole e o mesmo se van a unha actividade de 4 a 5 e outra de 5 a 6

PRAZO INSCRICIÓN: do luns 12 de setembro ao domingo 18 de setembro

PREZO: podedes consultar o prezo e a descrición de cada actividade na nosa web: https://anpa-agarimo.gal/actividades/

Un saúdo! ANPA AGARIMO

❓❓Dúbidas frecuentes ❓❓

AUTORIZACIÓN ALUMNOS/AS PARA SAÍR SÓS 5º e 6º PRIMARIA
➡️ No caso de actividades da Federación, ao cubrir o formulario hai un apartado que pon «autonomía»
➡️ No caso de actividades «privadas», falade co monitor no inicio da actividade ou enviádelle un mail para que vos indique cómo proceder.
➡️ De cubrir este apartado, poden levar consigo ós/ás seus/súas irmáns de menor idade

⚽️ FUTBOL CHICAS ⚽️
Este grupo dos venres é EXCLUSIVO para nenas coa intención de realizar unha discriminación positiva e achegar este deporte maioritariamente masculino ás nenas.
Nos demais grupos, poden inscribirse tanto nenos como nenas.

PATINAXE
➡️ Material a traer por cada neno/a: patíns (línea ou 4 rodas), casco e proteccións.
➡️ É preciso, na medida do posible, que os nenos e as nenas que queiran asistir a esta actividade sexan autonómos e saiban poñerse e quitarse os patíns e proteccións.
➡️ Neste curso xa non teremos a carpa que nos acompañou nos dous cursos anteriores dado que os cartiños non deron para mais. Dado que a pista de patinaxe non está cuberta, os días de choiva queda a valoración do monitor facer unha actividade alternativa ou patinar nos patios semicubertos.
➡️ Non hai espazo para deixar o material á chegada ao colexio, o alumnado que queda a comedor ten que levar os patíns a aula pola mañá e despois a comedor e con posterioridade á actividade (ou ben que llos acerque alguén ao inicio da actividade)

TEATRO
Ao igual que no curso pasado, a profesora de teatro de «toda a vida» vai dar TEATRO na AAVV (está xusto ao lado do cole) e podedes falar con ela para que vos recolla aos peques no comedor as 16.00h así que case, case é como se houbese teatro no cole. Para máis información prema aquí

NATACIÓN COMO EXTRAESCOLAR

Familias!!

A partires do 7 de outubro volve natación como extraescolar

➡️ HORARIO: Venres. Saída do cole as 15.50 e volta ao cole as 17.25 (a clase en sí é de 16.15 a 17.00)
➡️ 20 prazas que se asinarán por orde de inscrición.
➡️ Exclusivamente para o alumnado de 3º e 4º de Primaria
➡️ INSCRICIÓNS: do 12 ao 23 de setembro no Palacio de Deportes previa cita: https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3

Como para as demáis extraescolares, é preciso aboar matrícula de 50€ (gratis se sodes socios da ANPA AGARIMO neste curso escolar).
Se ainda non sodes socios, podedes facervos aquí: https://anpa-agarimo.gal/faite-do-anpa/

Á cita levar:
➡️ Fotocopia do DNI da nai ou pai
➡️ Fotocopia do DNI do menor que vaia acudir á actividade (fotocopia libro de familia no caso de non ter DNI)
➡️ Folla de inscrición (imprimir e levala cuberta)
➡️ Hai que aboar o importe íntegro no momento da inscrición (53,47€) que se pode aboar en efectivo ou con tarxeta

Adxuntámosvos:
➡️ Documento de información ás familias
➡️ Folla de inscrición

Un saúdo. ANPA AGARIMO