Ola familias!
Vimos de ter unha xuntanza co concelleiro de educación J.J. Celemín solicitada por él tras a nosa intervención do pasado xoves no pleno municipal.
Reivindicamos de novo que se leven a cabo as obras de mantemento pendentes dende hai anos.
Comprometéronse a:
- 👉🏻 reparar os canalóns do patio cuberto de infantil.
- 👉🏻 acudir ao colexio para revisar o estado dos firmes dos patios, da pintura dos interiores e o balado na zona do patio infantil.
A maiores solicitamos:
- ▶️ O acondicionamento da casa do conserxe para uso escolar.
- ▶️ A construción dun patio cuberto para primaria.
- ▶️ Mellora na xestión das empresas concesionarias dos servizos de limpeza e mantemento.
Agardamos poder darvos boas novas en breve 💪🏻💪🏻
ANPA Agarimo