Preguntas frecuentes

Suspensión de Actividades Extraescolares por Coronavirus

Hola familias!

Tal e como aconsellan dende a Consellería de Educación informan que a federación de anpas mantén as actividades extraescolares de mañá, venres, xa que ao ser voluntaria a asistencia ao centro pode haber nenos que non os poidan recoller. Natación tense que suspender pola ordenanza de peche dos polideportivos, así como o resto de actividades que se desenrolan no polideportivo da escola, baloncesto e ximnasia rítmica.

Se mañá hai algunha outra instrucción avisaremos ainda que pode ser sen moita marxe de tempo.

Dada a situación dende o Anpa recomendamos non asistir a ningunha actividade na medida do posible segundo a situación de cada familia.

Moitas grazas e esperamos que a situación se estabilice o antes posible.

Saudos
Anpa Agarimo