Ola familias!!
Algúns de vós contactástedes connosco para saber como recoller o material que tiñades no Colexio ou ben como facer co material do terceiro trimestre e tamén houbo algunha consulta con referencia as cotas de comedor e extraescolares.
Entendemos a vosa preocupación e inquietude e contactamos coa Dirección do Centro pero, como todos nós, están a expensas de que a Consellería de Educación marque unhas directrices sobre que ocorre con este curso escolar, avaliacións, etc.
Por iso, aínda que a todos gustaríanos ter máis información, debemos manter a calma e agardar ás decisións que se vaian adoptando en función da evolución do COVID-19.
Desde o centro transmitiranvos calquera novidade a través das súas canles habituais: telegram e páxina web ( https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmariabarbeito/) e, pola nosa banda, se hai algunha novidade nos servizos que xestiona o ANPA (comedor e extraescolares) tamén volo faremos saber na nosa web, canle de telegram e facebook como vén sendo habitual.
Esperamos e desexamos que todos esteades ben e que a desescalada se vaia facendo con moito sentido común para que así podamos chegar aos tan ansiados reencontros e abrazos canto antes.
Un saúdo. ANPA AGARIMO