Ola familias,
Lembrade que mañá 4 de setembro REMATA o prazo para SOLICITAR PRAZA NO COMEDOR e que todo o mundo que a precise a ten que solicitar agora na páxina de Jardanay.
Tanto se solicitaches bolsa comedor coma se marcaches na reserva de plaza do colexio que querías comedor, tes que solicitar igualmente a praza ou poderás quedar sen ela.
Lembrarvos ademais que este ano hai menos prazas polo que terán prioridade aqueles que (por esta orde)
1.- sexan socios da ANPA
2.- Acrediten cun certificado horario dos dous proxenitores que non poden atender aos seus fillos a mediodía
3.- Teñan bolsa comedor ou equivalente
(Poderes ver os demais requisitos e cómo facervos socios na nosa web www.anpa-agarimo.gal)
Indicarvos tamén que o servicio de Jardanay na casa en principio será para recoller aos nenos na saída da súa aula ou as 14.20 para aqueles que saídes de traballar ás 14.00 e vos interesa este servizo. Todo esto pendente de aprobalo no protocolo definitivo do Cole porque ainda están pendentes de definir as horas de saída definitivas.
Un saúdo
