Preguntas frecuentes

Educar en igualdade: Coeducación e prevención da violencia de xénero desde as familias


Dende a Subdirección de Promoción da Igualdade vanse celebrar unhas xornadas de nais e pais que levan por título “Educar en igualdade: Coeducación e prevención da violencia de xénero desde as familiasEstas xornadas realizarase na cidade da Coruña o día 31 de maio ás 17h na Delegación Tarritorial da Xunta de Galicia  (praza de Luis Seoane, s/n).
Xúntovos o enlace da páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade na que está a documentación das xornadas: http://igualdade.xunta.gal/gl/programas/secretaria-xeral-da-igualdade-organiza-xv-xornadas-de-nais-e-pais-educar-en-igualdade
Durante a xornada funcionará un servizo de atención a menores (de 12 meses a 10 anos) baixo petición ao correo electrónico xornadas.igualdade@xunta.gal.
Xa que a capacidade é limitada, a admisión será por rigorosa orde de inscrición. As inscricións deben remitirse tamén ao enderezo xornadas.igualdade@xuntagal ata o día 29 de maio.
Se tedes algunha dúbida podedes tamén chamar aos teléfonos 981 545 360 e 981 545 312.