Coma nós, sabemos que moitos de vos estabades agardando polos campamentos de verán do Ágora/Fórum e, agora que non van saír, toca buscar alternativas.
Aquí vos deixamos as ofertas de tres empresas coas que colaboramos, por se a algún de vos lle soluciona.
– SerOcio:
Ofrece campamentos con posibilidade de madrugadores e comedor tanto no CEIP María Pita coma no CEIP Zalaeta. Se se desprazasen alumnos suficientes dende este centro, inclusive poderían poñer bus (consultade a posibilidade con eles directamente).
Ten unha opción Low Cost no CEIP Wenceslao que sae un pouco mais económica ao prescindir das excursións pero tamén ten madrugadores e comedor para quen o precise
Desconto dun 5% para socios da ANPA AGARIMO.
A 2 minutos andando do noso colexio.Oferta campamentos multideportivos de 09.00 a 14.00 en Xuño, Xullo e Agosto.Desconto do 5% para socios da ANPA AGARIMO.
– JumpingKids
Campamento en Xullo de 10.00 a 14.00 con posibilidade de amplialo dende as 09.00h.





