Boa tarde familias,
Desculpade a tardanza pero por fin vos podemos informar das actividades que chegaron a cupo e que se inician mañá xoves 1 de Outubro son:
– EDUC INFANTIL: multideporte e baile moderno
– 1º a 3º EP: atletismo e english lab
– 4º a 6º EP: baile moderno
O luns sumaranse ás anteriores as actividades de:
– EDUC INFANTIL: ximnasia rítmica e eureka
– 1º a 3º EP: patinaxe
– 4º a 6º EP: non saiu ningunha actividade
Comentarvos que hai actividades como capoeira, manitas, deseño de seu, xadrez ou enredados que están a piques de chegar ao mínimo para poder impartilas así que vos animamos a que o compartades con quen poida estar interesado e que vos anotedes. Se completamos cupo, comezarían a semana que ven tamén con elas.
Colgaremos na nosa web o protocolo das actividades canto antes pero vos adiantamos:
– Os nenos teñen que vir con mascarilla posta e unha a maiores de reposto (recomendable en infantil).
– As entradas e saídas faranse polo mesmo sitio dependendo da actividade:
** Alumnos de multideporte, baile moderno, atletismo e x. rítmica: pola rampla do pavillón (a mesma entrada que empregan 5º e 6º de EI, pola rúa Alcalde Peñamaría de Llano).
** Alumnos de patinaxe: Portalón principal
** Alumnado resto de actividades: Entrada pola porta de acceso a infantil de 3 anos. Saídas polo portalón acceso a administración/infantil 3 anos.
Os alumnos que quedan a comedor xa son entregados ao monitor correspondente polo que só hai que recollelo ao finalizar a actividade.
Se tendes calquera dúbida, contactade con nos.
Saúdos. ANPA AGARIMO