Bo día familias!!
Dende o día 10 de Agosto e ata o luns 30 de Agosto, podedes facer a vosa solicitude para acudir ao comedor escolar e/ou madrugadores así como para Jardanay na casa (levar o menú para a casa tanto se o queredes como primeira opción como se queredes esta opción no caso de non obter praza no comedor).
Lembrade!!
-> Imprescindible estar ao corrente dos pagos con Jardanay para que a solicitude sexa válida
-> Matrícula de 50€ (gratuita para os socios da ANPA AGARIMO)
Para anotarse:
-> Pincha no enlace: jardanaycomedores.es
-> Escolle o noso cole (CEIP María Barbeito)
-> Usuario: mariabarbeito
-> Contrasinal: comedores2021
Criterios de preferencia:
1.- Socio da ANPA
2.- Necesidade de conciliación
3.- Beneficiarios beca comedor ou similar
…. (podedes ver os demais criterios na doc adxunta)
CONCILIACIÓN: os que teñades preferencia por traballar en horario de comedor (14.00 a 16.00h) debedes enviar a documentación que corresponda a anpa.agarimo@gmail.com
– certificado actual de incompatibilidade horaria dos proxenitores que exerzan a custodia
– convenio regulador se procede
SOCIOS ANPA: para renovar/facerse socios, podedes facelo neste enlace : RENOVAR OU FACERSE SOCIO
Os prazos son moi xustos posto que o 30 remata o prazo e o día 9 de setembro arranca o curso escolar. Somos conscientes da inquietude que presenta para moitas familias saber se teñen praza de comedor ou non así vos iremos trasladando a información na medida que a nós nos chegue.
Revisar os seguintes PDFs
CRITERIOS DE ACCESO
GUÍA INFORMATIVA
Un saúdo. ANPA AGARIMO