Preguntas frecuentes

Natación

Subvencionada

A natación é un deporte moi completo: involucra todos os grupos musculares. Nos nenos e adolescentes, este exercicio fundamentalmente aeróbico e realizado de maneira regular, provoca non só un goce activo do lecer, senón unha redución dos factores de risco de enfermidade cardiovascular.

Podes darte de alta na seguinte ligazón https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3

PREZO

53,47€ / ano

PUNTUALIZACIÓNS

HORARIO : Venres. Saída do cole as 15.40 e volta ao cole as 17.30 (a clase en sí é de 16.15 a 17.00) ➡️ 20 prazas que se asinarán por orde de inscrición . ➡️ EXCLUSIVAMENTE para o alumnado de 3º e 4º de Primaria ➡️ PREINSCRICIÓNS : luns 23/09/2024 na zona de secretaria do centro de 09:00 a 11:30 e 16:30 a 17:30. De existir plazas dispoñibles, informarase de novas datas.

IMPRESCINDIBLE ENTREGAR CUBERTO OS 2 TALÓNS DE INSCRICIÓN

Os preinscritos, deberán formalizar a súa inscrición nas oficinas da C.D. de Riazor entre o 30 de setembro e o 4 de outubro, para ilo é imprescindible pedir previa cita: https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3

Como para as demáis extraescolares é imprescindible ser socio do Anpa ou abonar os gastos de xestión. Se aínda non sodes socios, podedes facervos aquí: https://anpa-agarimo.gal/rexistro/

Para a preinscrición:

  • Folla de inscrición (imprimir e levala cuberta)

Para formalizar a inscrición nas oficinas da C.D. de Riazor levar:

  • Fotocopia do DNI da nai ou pai.
  • Fotocopia do DNI do menor que vaia acudir á actividade (fotocopia libro de familia no caso de non ter DNI).
  • Folla de inscrición.
  • Hai que abonar o importe íntegro no momento da inscrición (55,07€) que se pode abonar en efectivo ou con tarxeta.

Podedes descargar o taló de pago aquí Talón de pago

IMPARTICIÓN DA ACTIVIDADE

CURSO DÍAS HORARIOS
3ºEPviernes16:00 a 17:00
3ºEPviernes17:00 a 18:00
4ºEPviernes16:00 a 17:00
4ºEPviernes17:00 a 18:00

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

– Para poder apuntarse ás actividades debedes ser socios da ANPA ou no seu defecto aboar unha cuota de xestión de 20€

– Ten que haber un mínimo de 10 escolares para formar grupo

– Poden existir variacións ou cancelacións de actividades se non se chega a un número mínimo de alumnos/as para formar grupo ou se supera o cupo.

- No caso de ter maior demanda de prazas que oferta, adxudicaranse por orde de inscripción (Agás JUDO onde prevalecerán os alumnos que acudiron o curso pasado)

– Para poder acudir as actividades, todos os nenos e nenas, incluidos os beneficiarios de bolsa de comedor, teñen que pagar o seguro correspondente.